26 jun 2012

VIII XUNTANZA DE PALILLEIRAS

VIII Xuntanza de Palilleiras no Casino.

PB - Os Amigos / Camposancos
Celebrouse este domingo día 24 de xuño a VIII Xuntanza de Palilleiras organizada pola sociedade Os Amigos.
Comenzou o día cedo para os organizadores e para todas as palilleiras que iniciaron a viaxe cara a Camposancos. Máis de cen palilleiras comenzaron as súas labores as dez da mañá. Por ser maioría as mulleres, mantemos o termo palilleiras, porque este ano tamén participaron dous nenos e dous homes.
Ó mediodía, Loli deu a benvida a todos e o alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Freitas; e agradeceu a visita ó noso pobo a tanta xente pidíndolles que sexan embaixadores das vontades do mesmo “se as merecemos”. 
Ás 13:00 deixaron de soar os bolillos para subir o monte Santa Trega a disfrutar dunha comida nun día inmellorable, retomando a laboura ás catro da tarde.
Caseque finalizando o acto, tivo lugar a entrega de detalles ós homes participantes e ás mestras de cada asociación. O último detalle entregado foi, con total merecemento, por parte da directiva a Loli, persoa sen a que esta palillada non tería o éxito que ten. Dicen que non se pode nadar e gardar a roupa: ¡¡mentira!! Loli ten na cabeza dende as cousas principais da palillada ata o detalle máis pequeno. Graciñas de parte de todos.
Xa para rematar o acto sorteáronse o distintos agasallos que foron doados á sociedade.
Reiteremos os agradecementos ás palilleiras e seus acompañantes, o Sr. alcalde por estar sempre con nós neste día, a Loli polo seu traballo, ós vendedores que montan os seus stands para dar servicio ás participantes e, por suposto, ás empresas que colaboran con nos ano tras ano: Confitería Rogelio, ATSA, Flores TOXAL, Supermercados Froiz, Español y Perez, Gráficas La Guardia e o Concello de A Guarda.

 
 
 
 

No hay comentarios: