23 jun 2012

LIMPEZA DO PORTO GUARDÉS

Limpeza submariña do fondo no porto de A Guarda.

CEMMA / A Guarda
O vindeiro sábado día 30 de xuño vaise a celebrar a limpeza submariña de fondos no porto de A Guarda, organizada pola CEMMA e polo GAC-7 (Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo-A Guarda). Dende a CEMMA animámosvos a participar nas diferentes actividades que imos desenvolver, dende participar como mergulladores, ata labores de recuperación e divulgación da fauna mariña.

Descarga o arquivo pdf: aquí.

No hay comentarios: