3 may. 2012

NEOTINIA MACULATA

© ANABAM
Neotinea maculata, escasa orquídea na provincia de Pontevedra.

ANABAM / Camposancos
Tal vez as difíciles condicións climáticas que se deron neste inverno, extremadamente seco, non favoreceron en nada que as orquídeas que agroman no piñeiral da praia de Camposancos fosen numerosas como nos anos precedentes. Apenas media ducia de exemplares puidemos observar nesta tempada, que comprende os meses de marzo e abril. Aínda así, sentímonos satisfeitos de ter observado os escasos exemplares que saíron, un ano máis, a carón do esteiro do Miño.

No hay comentarios: