14 abr 2012

VIKINGLAND

Proxección de Vikingland no Centro Cultural da Guarda.
Concello da Guarda
Último traballo do guardés Xurxo Chirro que nos conta unha historia de galegos en “terra de vikingos”.

O próximo 20 de abril proxectarase no Centro Cultural da Guarda o úlitmo traballo do guardés Xurxo Chirro.
Esta historia nos trasalada ó Atlántico Norte, onde un grupo de mariñeiros galegos traballa no transbordador que conecta a cidade danesa de Romo coa illa de Sylt. Un destes mariñeiros, Luís, videocámara en man, decide rexistrar a vida cotiá  no barco durante unha chea de travesías.

O filme, que foi presentado en diversos festivais internacionais obtendo un amplo respaldo da crítica -FID Marseille, FICUNAM, Festival Internacional de Cine de Xixón, Festival Internacional de Documental de Jihlava, Festival Internacional de Cine de Mar del Plata, Cineuropa-, acada o Premio na Sección Oficial do Play Doc (Tui, Marzo 2012).

Durante a presentación o seu Xurxo González  nos contará as peculiaridades desta obra así como o periplo da mesma ata o día de hoxe.

Lugar:  Centro Cultural de A Guarda
Fecha: 20 de abril de 2012
Hora: 21,00h.

No hay comentarios: