6 abr 2012

BOLBORETAS

© Agustín Ferreira - ANABAM.
Bolboretas do Baixo Miño, vistas en Camposancos.

ANABAM /Camposancos
© Agustín Ferreira - ANABAM.
Parece unha bolboreta máis ben escasa, pois no Baixo Miño soamente está rexistrada en dúas zonas, unha delas en Camposancos.

A observación do exemplar fotografado corresponde ao mércores 28 de marzo pasado, no camiño de baixada a Sollás, en Campsoancos, A Guarda.

Trátase dunha bolboreta de mediano tamaño, non rechamante, polo que pode pasar doadamente desapercibida, se é que un non ten grande curiosidade por observar a natureza.

Observador e fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam.

Identificada por: Suso Requejo, coordinador do Proxecto Lepi-Atlas e autor da Guía das bolboretas do Baixo Miño (en preparación).
-----------------------------------------------------------

© Agustín Ferreira - ANABAM.

Unha preciosa bolboreta, de mediano tamaño, que habita na comarca do Baixo Miño.

Esta bolboreta é da familia dos licénidos. O reverso das ás é de cor verde.

Vímola voar no mes de marzo en Camposancos (A Guarda).

Observador e fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam.

Identificada por: Suso Requejo, coordinador do Proxecto Lepi-Atlas e autor da Guía das bolboretas do Baixo Miño (en preparación).
-----------------------------------------------------------

PRIMEIRA CITA PARA A GUARDA (en Camposancos) E SEGUNDA PARA O BAIXO MIÑO
© Agustín Ferreira - ANABAM.
SUPERFAMILIA: Papilionoidea

FAMILIA: Papilionidae

PLANTA NUTRICIA: Aristolachia longa; Aristolachia rotunda

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA: Parece que nesta comunidade mantén colonias illadas.

BAIXO MIÑO: Non temos suficientes datos, de momento sabemos que está presente na Guarda.

OBSERVACIÓN: Agustín Ferreira Lorenzo

DATA OBSERVACIÓN: 08-03-2012

ÁREA DE OBSERVACIÓN: Camposancos, A Guarda, camiño de baixada a Sollás.

CADRÍCULAS UTM: X 51038; Y: 46360

FOTOGRAFÍA: Agustín Ferreira Lorenzo

Esta bolboreta é rara en Galicia, aínda que na zona sur de Pontevedra parece que é frecuente, aínda que escasa. No ano 2007 foi atopado un exemplar polo lepidopterólogo Suso Requejo, quen está preparando unha guía das bolboretas do baixo Miño por encargo de ANABAM.

No hay comentarios: