9 mar 2012

SOCIEDADE PRO MONTE

Fallo do xurado “Concurso para o deseño dun logotipo conmemorativo do Centenario da Creación da Sociedade Pro Monte no 2012”


Concello de A Guarda
A comezos de novembro fíxose publico as bases do “Concurso para o deseño dun logotipo conmemorativo do Centenario da Creación da Sociedade Pro Monte no 2012” rematando o prazo de presentación o venres 24 de febreiro cun total de 11 participantes.
O martes 6 de marzo reuniuse na casa do Concello da Guarda o xurado para a valoración dos 24 logotipos presentados e tralo estudo das fotografías foron preseleccionadas catro e finalmente outorgaron o único premio de 400 € a JOSÉ CARLOS CASTRO MARTÍNEZ co seu deseño denominado TORQUES1.
As bases do concurso esixían que o propio autor definirá as súas propostas, neste caso o gañador defendeu o seu deseño en base as premisas fundamentais: destacar os valores arqueolóxicos e paisaxístico do Monte Santa Trega, e facer alusión a finalidade do concurso que a conmemoración do centenario introducindo o número 100 como elemento destacado no deseño. Tanto a cor como o deseño está inspirado no torque de ouro, unha das pezas das importantes do MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega. En palabras do autor “as espirais suxiren as ondas do mar, quizais os poboadores pensaron nelas cando deseñaron esa fermosa xoia.”

Por último, agradecer a todos os participantes as súas propostas presentadas  e indicar que o logo gañador será empregado nas diferentes iniciativas postas en marcha para conmemorar o Centenario da Creación da Sociedade Pro Monte.

FALLO DO XURADO(Clicar para ver)

No hay comentarios: