9 mar 2012

SICTED 2012

© Concello da Guarda
O Concello da Guarda renova o distintivo SICTED.

Concello de A Guarda
O CONCELLO DA GUARDA RENOVA O DISTINTIVO DE CALIDADE DO SICTED PARA A OFICINA DE TURISMO E AS PRAIAS DE AREA GRANDE E O MUÍÑO
O 29 de febreiro tivo lugar a entrega dos distintivos do SICTED 2012 aos organismos e empresas da provincia. A concelleira de Turismo da Guarda, Dna. Montserrat Magallanes, recolleu os diplomas na cidade de Pontevedra.
O concello da Guarda comezou en 2009 a traballar na implantación do sistema de calidade “SICTED. Compromiso de Calidade Turística” que promove Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra. O SICTED ten como obxectivo involucrar aos axentes turísticos da provincia nun proxecto de mellora continua para acadar un destino de calidade.
En outubro do pasado ano as praias e a oficina de turismo superaron unha auditoría na que se comprobou o compromiso de mellora continuada da calidade que esixe a Secretaría General de Turismo.
O concello aposta na oferta duns servizos de calidade e na súa mellora continuada polo que durante este ano continuarase traballando na renovación o SICTED “Compromiso de Calidade Turística” para a Oficina de Turismo e as praias de Area Grande e O Muíño.
CONCELLERÍA DE TURISMO – CONCELLO A GUARDA

No hay comentarios: