5 mar 2012

RUTA DAS CETÁREAS

©ANABAM
Coñece a Ruta das Cetáreas.

ANABAM / A Guarda
A Ruta das Cetáreas, está formado por un tramo da costa guardesa que permite ao camiñante contactar coa paisaxe e coa natureza propia do litoral. Percorrendo a mesma, pódese sacar un grande partido das posibilidades que ofrece. Para iso, convén facela coa marea baixa. Se somos curiosos, se imos sen presas, se queremos gozar das amplas posibilidades desta ruta, o mellor é tomarse a cousa con calma, porque deberemos deternos a observar, a gozar da tranquilidade, dos sons das ondas batendo contra os rochedos, de fotografar aquelo que nos parece máis interesante que vai dende as propias cetáreas ata a flora ou a fauna que atopamos nas pozas mariñas.

Este artigo que presentamos, non é máis que unha suxerencia das moitas posibilidades que atopamos ao percorrer a Ruta das Cetáreas. Imos iniciar esta Ruta, dende uns metros antes da Cetárea da Grelo, pero non queremos deixar de agradecer á Confraría de Pescadores da Guarda, o interese que puxo na posta en marcha deste routeiro, unha forma positiva e, sobre todo, sostible, de aproveitamento dos recursos que ten A Guarda, sen necesidade de grandes estructuras nin de impactantes transformacións que agredan o territorio. por iso van os nosos parabéns a esa entidade.

Non imos dar o tempo que nos vai levar en percorrer a ruta, porque, evidentemente, iso dependerá de si nos detemos no traxecto ou, simplemente, decidimos camiñar. Neste último caso, dado que son uns catro quilómetros, oito entre ida e volta, podemos facelo aproximadamente en dúas horas, todo dependerá o ritmo que levemos. No obstante, repetimos, o mellor é camiñar, deterse, sentarse, observar, fotografar, volver andar...
Máis información: aqui

©ANABAM
PRIMEIRO TRAMO: Muíño da Grelo-Paseo marítimo
·Lonxitude aproximada: 1300 metros
ELEMENTOS A OBSERVAR:
-Muíño da Grelo.....Frecha amarela inferior.
-Cetárea da Grelo..Frecha vermella.
-Praia Carreiro.......Frecha amarela superior.
-Porto da Guarda
   -Embarcacións de pesca.
   -Lonxa de Peixe.
   -Peirao
                   


©ANABAM
SEGUNDO TRAMO: Paseo marítimo-Praia Area Grande
·Lonxitude aproximada: 1400 metros
ELEMENTOS A OBSERVAR:
-Museo do Mar............Frecha amarela inferior.
-Cetárea do Portiño....Frecha vermella.
-Praia Fedorento.........Frecha amarela central.
-Praia Area Grande.....Frecha amarela superior

©ANABAM
TERCEIRO TRAMO: Praia Area Grande-Laxe de Can
·Lonxitude aproximada: 1400 metros
ELEMENTOS A OBSERVAR:
-Camiño do carro.....Frecha amarela.
-Cetárea Redonda.......Frecha vermella inferior
-Cetárea Altiña........Frecha vermella superior.

No hay comentarios: