30 mar 2012

MONTE SANTA TREGA

Visitas guiadas ó Monte Santa Trega.

Concello da Guarda

O Padroado Monte Santa Trega ofrecerá visitas guiadas ó Monte Santa Trega

En 2011 máis de 6.000 persoas realizaron unha visita guiada ó Monte Santa Trega polo que un ano máis o Padroado Monte Santa Trega volta a ofrecer visitas guiadas os interesados que se acheguen ó Monte para coñecer os seus valores arqueolóxicos, relixiosos e paisaxísticos.
Durante todo o ano realizanse visitas guiadas ós grupos interesados en coñecer o Monte Santa Trega pero a partir do 1 de abril contarase cunha guía que realizará as visitas concertadas mailas visitas regulares destinadas os centos de visitantes que se achegan diariamente ó Monte e deste xeito poidan coñecer máis profundamente os seus valores.
Para a Semana Santa haberá dous horarios para realizar a visita guiada, ás 12:00 e ás 17:00, estas visitas gratuitas serán atendidas polo guía e darán comezo no MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.
Trala experiencia de anos pasados continuarase ofrecendo as visitas no que resta de abril ata xuño aínda que se mudará o horario e así poder atender as visitas concertadas. Os interesados poderán realizar a visita ás 12:30 de martes a domingo.
En xullo e agosto as visitas serán ás 12:00 e 19:00 de martes a domingo e deste xeito procurarase atender os numerosos visitantes que se achegan nos meses de verán.
Para aqueles grupos, escolares ou asociacións interesados en concertar unha visita guiada o Monte teñen que informarse e reservar no teléfono 690 017 038 ou enviando un correo electrónico a masat@aguarda.es

A Concellería de Turismo realizará visitas guiadas ós aloxados na Guarda.

© Concello da Guarda
Trala boa acollida das visitas guiadas ó Monte Santa Trega dos últimos anos o concello  da Guarda ofrecerá un novo servizo turístico ós visitantes e turistas que se aloxen nos establecementos turísticos da Guarda.
A nova iniciativa posta en marcha pola Concellería de Turismo, en colaboración cas empresas de aloxamento da Guarda, ofrecerá visitas guiadas durante as mañás do sábado ata o mes de xullo.
Esta visita guiada comezará no Monte Santa Trega e permitirá coñecer os seus valores arqueolóxicos, relixiosos e paisaxísticos. Continuará no casco urbano da Guarda visitando o Museo do Mar, porto, casco antigo que engloba a Ruta Urbana e a rematará ca Ruta das Casas Indianas na Alameda.
A finalidade desta nova iniciativa é dar a coñecer máis profundamente a historia, patrimonio e recursos que fan da Guarda un interesante destino.

Concellería de Turismo

No hay comentarios: