16 mar 2012

MOCIDADE

En marcha o programa MOCIDADE EN FORMACIÓN.


Concello da Guarda
MOCIDADE en formación é un programa de formación creado para maiores de 18 anos que tén como obxectivos básicos a formación continuada dos profesionais do lecer e do tempo libre en Galicia.

A base educativa deste programa está realizada polos profesionais aos que lles encarga Vida Láctea a execución deste programa a través de escolas de tempo libre galegas representadas por: Escola Rural de Tempo Libre, Escola de Tempo Libre Querqus, Escolas Náuticas Nalú, Asociación de Montañeiros Independentes, o Clube de Montaña Monte do Oribio e o Centro de Alto Rendemento da Federación Galega de Vela, entre outros.

INSCRICIÓNS E RESERVAS:www.vidalactea.com/formacion

PRAZO DE INSCRICIÓN:O prazo de inscrición comeza a partires do 5 de marzo e rematará 7 días antes de cada acción formativa.

ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS:As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.
Cancelarase a acción formativa se non hai un número mínimo de participantes.
No prazo máximo de 5 días desde o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación de praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso.

DOCUMENTACION:Desde o día no que se vos confirme por correo electrónico a adxudicación da praza, teredes un prazo de 48 horas para enviar ao enderezo electrónico correspondente a seguinte documentación:
• Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación.
• Fotocopia escaneada do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
• Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
• Cuestionario médico - sanitario (anexo que se mandara por email ).
• Declaración responsable de que sabe nadar (anexo que se mandara por email ).
• Fotocopia do Carné Xove, de ser o caso.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas da listaxe de reserva.
ACCIÓN FORMATIVAS (por orde cronolóxica):
• INICIACIÓN Á MONTAÑA INVERNAL (León). Con carné xove: 175,00 € Sen carné xove: 195,00€
• TÉCNICAS ARTÍSTICAS NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
• CURSO DE TÉCNICAS BÁSICAS DE ESCALADA EN ROCÓDROMO NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 71,30 € Sen carné xove: 82,00 €
• CURSO DE INICIACIÓN Á VELA E AO WINDSURF (Vilagarcía de Arousa). Con carné xove: 95,00 € Sen carné xove: 110,00 €
• CURSO DE TÉCNICAS BÁSICAS DE ESCALADA EN ROCHA NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 71,30 € Sen carné xove: 82,00 €
• CURSO DE ACTIVIDADES CON OLAS (Carnota). Con carné xove: 100,00 € Sen carné xove: 115,00 €
• CURSO DE DEPORTE E NATUREZA NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 62,61 € Sen carné xove: 72,00 €
• CURSO DE TÉCNICAS BÁSICAS DE SENDEIRISMO NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
• CURSO DE INTERPRETACIÓN NATURAL E CULTURAL CON RAPACES E RAPAZAS (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
• LEXISLACIÓN XUVENIL: NOVAS CONCEPCIÓNS NA LEXISLACIÓN GALEGA (Lugo). Con carné xove: 21,74 € Sen carné xove: 25,00 €
• LECER E DISCAPACIDADE NO TEMPO LIBRE (Lugo). Con carné xove: 58,25 € Sen carné xove: 67,00 €
• CURSO DE DINAMIZACIÓN DE COMEDORES (Lugo). Con carné xove: 53,91 € Sen carné xove: 62,00 €
• AXILIDADE FÍSICO-DIVERTIDA NO TEMPO DE LECER DAS PERSONAS MAIORES (Lugo). Con carné xove: 53,91 € Sen carné xove: 62,00 €
• CURSO DE DINAMIZACIÓN INFANTIL EN CENTROS HOSPITALARIOS (Lugo). Con carné xove: 62,61 € Sen carné xove: 72,00 €

INCORPORACIÓN:A incorporación será por conta do interesado nas datas e horas indicadas en cada curso.

PARTICIPANTES:Entre 20 e 40 prazas.

PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE.Expresadas en cada curso (ata un 15%).

INCLÚE:
• Estancia
• Aloxamento habitacións de uso dobre ou triplo en réxime de Pensión completa.
• Material persoal ( traxe de neopreno , licra identificativa , chaleco, materiais de escalada, todo tipo de materiais deportivos, carpeta e bolígrafo, …)
• Actividades específicas para cada programa.
• Claustro de profesores de primeiro nivel.
• Equipo de monitores de apoio.
• Seguro de responsabilidade civil
PARA MÁIS INFORMACIÓN:www.vidalactea.com/formacion
email información e reservas : formacion@vidalactea.com
Teléfono de contacto: 629 02 34 82

No hay comentarios: