21 mar. 2012

FERRY CAMPOSANCOS-CAMINHA

Reunión da Comisión de Seguimento do Ferry.

Onte, martes, reuníuse no Concello da Guarda a Comisión de Seguimento do Ferri. O Alcalde destacou que, a día de hoxe, non deron froito as xestións levadas a cabo diante do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e do Ministerio de Fomento, así como da Delegación do Goberno en Galicia, non habendo resposta algunha ós escritos que lles foron remitidos nos primeiros días de xaneiro e novamente hai dez días. Tamén destacou que nas baixamares acusadas, o barco ten problemas na doca de Caminha e hai que suspender algunhas travesías.

Os asistentes reafirmáronse na necesidade de conseguir unha solución definitiva e permanente á comunicación entre A Guarda e Caminha. Neste senso adoptáronse dous acordos fundamentais. Por unha banda, a creación dunha Comisión de carácter máis reducido (cinco membros: Alcalde e portavoces dos grupos municipais) para levar o día a día das xestións.
Pola outra, a redacción dunha moción ou escrito tipo que se enviará ós concellos do Camiño Portugués pola Costa e que estará a disposición de asociacións e colectivos, e que ten por finalidade recabar tódolos apoios posibles en favor desa comunicación estable.
A Guarda, 21 de marzo de 2012
O Alcalde,
José Manuel Domínguez.

No hay comentarios: