18 feb 2012

VIVENDAS EN AS TOMADAS

En relación coa noticia aparecida en varios medios de comunicación sobre a sentenza que anula tres licenzas de vivendas unifamiliares en As Tomadas-Camposancos, dúas concedidas polo goberno de Alonso Riego e unha polo que eu presido, quero manifestar:
1.- O outorgamento de licenzas é un acto regrado; cando o expediente está finalizado e conta con tódolos informes favorables , o órgano responsable ten a obriga de dala licenza.
2.- No caso que nos ocupa, os tres expedientes contan con tódolos informes favorables, tanto municipais como autonómicos. En cada unha das licenzas hai informe favorable da Consellería de Medio Ambiente, por estar enclavada esta zona dentro de Rede Natura.
3.- A sentenza non é firme e o Concello vai interpoñer contra ela recurso de apelación. Os nosos servizos xurídicos entenden que hai argumentos suficientes para apelala e confiamos  en que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia poida validar as sentenzas agora anuladas polo Contencioso de Pontevedra.
A Guarda, 17 de febreiro de 2012

O Alcalde,
José Manuel Domínguez.

No hay comentarios: