10 feb 2012

VISITA Ó CRZG


Alumnado de 4º do IES A Sangriña visitarón o CRZG.
Brais Martínez - IES A Samgriña / Ourense


O 1 de febreiro,  alumnado de 4º de ESO visitou o Centro de Recursos Zooxenéticos de Fontefiz en Ourense (CRZG) nunha saída organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O centro dependente da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia ten por obxectivo a conservación e a recuperación das Razas
Gandeiras Autóctonas de Galicia en perigo de extinción.
O centro mantén a maior explotación de gando vacún da provincia de Ourense. As actividades de recuperación do gando bovino (raza Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa) estendéronse a outras especies cunha implicación do CRZG que varía segundo a especie da que se trate; dende a total adicación (galiña de Mos), gran adicación (ovella Galega), ou  parcial (porco Celta, cabalo de Pura Raza Galega e razas caninas).




No hay comentarios: