10 feb 2012

PLANTACIÓN NO TREGA

50 árbores prantadas por alumnos das Escolas Infantís.
Concello da Guarda

Este xoves tivo lugar no Monte Trega, unha nova edición da prantación infantil.
Os alumnos da Guardería Infantil Municipal e das Escolas Infantís de Sete Camiños e A Gándara, plantaron un total de 50 árbores (carballos e castiñeiros) na zona de Chans Vello durante a mañán do xoves día 9.

Axudados por persoal de Grumir, profesores e pais os máis pequenos (Guardería Infatil)comezaron o traballo sobre as 11,20h. da mañán,  pertrechados de ferramenta á súa medida e distribuídos por parellas, prantaron  entre 1 e 2 árbores. Pouco máis tarde chegaron os rapaces das escolas unitarias (3-5 anos), que emocinados co traballo prantaron ata 4 árbores por parella ou grupo. 

Os árbores que onte se prantaron no terreo, propiedade da Comunidade de Montes, foron facilitados polo Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Vos deixamos cunha breve galería das imaxes da xornada.
Concellería de Medio Ambiente
 

No hay comentarios: