20 feb 2012

EURYNEBRIA COMPLANATA

Novo vídeo e datos sobre Eurynebrias.

ANABAM / Esteiro do Miño
O sábado 11 de febreiro realizamos unha nova saída de campo, esta vez o obxectivo fundamental era o de atopar Eurynebrias, un dos insectos da praia máis ameazados. A visita levouse a cabo nas veciñas praias portuguesas de Afife, Arda e Paçó, esta última, en Carreço, marca o límite de actuación da nosa asociación.

Os sete integrantes do equipo de campo dividímonos en dous grupos. O primeiro grupo, formado por Luis Dorado, Antón Ferreira e Ricardo Portela, percorreu a praia de Afife. O segundo grupo, composto por Carlos Angílica, Agustín Ferreira; Ricardo da Silva e Mª Consuelo González, percorreron as praias de Arda e Paçó.

Resultados:
Praia de Afife:
-2 eurynebrias debaixo dun recipiente plástico (nasa).
-3 eurynebrias debaixo doutra nasa similar.
Ámbolos dous achádegos próximos ao final da praia, ao norte.

Praia de Arda:
-Non se rexistrou ningún exemplar, no obstante, o noso colaborador no veciño país, o biólogo Tiago Rodrigues, nunha prospección levada a cabo nesta praia, con data 28-01-2012, localizara dous exemplares.

Praia de Arda:
-3 exemplares xuntos, no borde dunha caixa plástica das que se usan nas frutas.

En resumo, no que vai de ano temos rexistrado nas tres praias contiguas citadas, un total de 8 exemplares, escaso número que non dan sinais de boas espectativas, pero que nos fan ver o vaso medio cheo.


Un dos exemplares atopados na praia de Paçó. (Foto Agustín Ferreira-anabam).
VÍDEO:


Máis información: aquí.

No hay comentarios: