16 ene 2012

XV Paletada-Laconada de San Amaro.

Máis de 230 persoas disfrutaron da 15º edición.
PB / Camposancos

Este sábado comuneiros de tódalas idades, para ser exactos sobre 231, xuntaronse no antigo Colexio dos Xesuítas para celebrar San Amaro, cunha Paletada-Laconada organizada pola Comunidade de Montes de Camposancos.
Ás 11:00h, a Treboada Camposina decidiu, despois duns minutos de choiva débil, saír a tocar polos camiños de Camposancos para estar, ás 13:30h, no Colexio e desa maneira comezar á xantar. A continuación, a sesión discoteca baixo o control de Karaoke disco show, animou as persoas a bailar. Xa ás 19:00h daba comezo o karaoke, onde maiores e pequenos pasáronno estupendamente ata pasadas ás 21:00, que comezaba o serán organizado por Xamaraina, no que participaron o Grupo da 3º Idade, Carainas, Tralo Mosteiro de Oia, Caramixiñas, Caliqueiras, As do Muño, A Boalleira, As Cordoeiras, Coiro Vello, Argaceiras, Río Folón, Ir e Vir, Tambaluca, Xamaraina, Río Cereixo e Lirolai. Unha vez terminaron de tocar todos os grupos, non quixeron rematar a festa, póndose en círculo e tocar ata pasadas ás 3:30h.

Os vídeos dos grupos iranse subindo pouco a pouco.

(Como poderedes comprobrar, nos vídeos do karaoke o son non é que sexa aceptable, pero habia que meter sexa como sexa ese show!)


 
 
 

No hay comentarios: