5 ene 2012

Novos cursos na alua CEMIT da Guarda.

Cursos na aula CEMIT de A Guarda no mes de xaneiro.
Concello da Guarda / A Guarda

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de A Guarda celebrará 1 curso na semana do 16 ao 22.

Os días 16, 17 e 18 terá lugar o curso de “Alfabetización dixital: Iniciación ao manexo da cámara dixital”, co que se pretende iniciar a xente no manexo da cámara dixital.   Características e tipos de cámaras. Tipos de tarxetas de memoria. Operacións básicas de manexo. Horario: de 10:00 a 12:00 horas. Os que se apunten no curso deberán traer unha cámara dixital.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de A Guarda sito no Centro Cultural, C/ Rosalía de Castro 14, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 986-61.18.50, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.aguarda@xunta.esEsta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla  .

No hay comentarios: