30 ene 2012

II xornada Camiño Portugúes da Costa.

Concello de A Guarda

A GUARDA ACOLLE A “II XORNADA CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA. FUNDAMENTOS HISTÓRICOS”
A mediados do 2009 o Camiño Portugués da Costa foi recoñecido oficialmente pola Xunta, a partires dese momento os concellos integrantes comezaron a traballar conxuntamente en iniciativas de promoción.
Tras dous anos de oficialidade xorde a iniciativa da organización dun encontro que baixo o título II Xornada Camiño Portugués da Costa. Fundamentos Históricos que se celebrará no Concello da Guarda o sábado 4 de febreiro de 2012.
A finalidade da xornada é afondar no coñecemento dos valores históricos e culturais que ofrece o Camiño a Santiago que transcorre pola costa luso-galega. Pretende ser unha exposición de cuestións históricas, artísticas, etnográficas e inmateriais que enriquecen este itinerario Xacobeo. No encontro participarán historiadores, estudosos e investigadores locais interesados en coñecer e promover o Camiño Portugués da Costa.
Denominouse como segunda xornada xa que se continua ca mesma filosofía do Seminario de Esposende (maio de 2010) que procuraba a difusión entre especialistas e interesados no Camiño Portugués da Costa, o seu pasado, futuro e presente.
Aqueles interesados en asistir ó Encontro poden consultar o programa previsto, informarse e inscribirse gratuitamente na oficina de turismo sita no concello da Guarda.

No hay comentarios: