30 ene 2012

Andainas 2012 do Concello de A Guarda.

Concello de A Guarda

CONTINÚA A INSCRICIÓN PARA AS ANDAINAS DE 2012 A Concellería de Deportes organiza a actividade “ANDAINAS 2012” que oferta oito andainas ó longo do presente ano e que precisa dunha inscrición previa. O mércores 25 de xaneiro deu comezo esta inscrición e nunhas horas foron completadas as prazas previstas.
Debido a excelente acollida desta actividade continuarase co procedemento da inscrición ata o próximo luns 6 de febreiro para intentar sumar as prazas para un segundo autocar. Entre aqueles persoas que completen a totalidade das rutas sortearase uns bonos para o Talaso de Oia.
Recordamos que os interesados teñen que inscribirse na oficina de Turismo do Concello da Guarda.
Para máis información, no teléfono 986 61 45 46 ou ben a través dun email en deporte@aguarda.es.
O próximo 17 de febreiro terá lugar no Centro Cultural da Guarda a GALA DO DEPORTE 2012 e foi programado a Presentación das ANDAINAS 2012 polo que serán convidados tódolos participantes inscritos. 
CALENDARIO DAS ANDAINAS 2012
25 FEBREIROLITORAL DA GUARDA E MONTE TORROSO
24 MARZORUTA MÁXICA DE OIA
21 ABRILTRILHO DOS CANOS DE AGUA (VIANA DE CASTELO)
26 MAIODO GALIÑEIRO Ó ALOIA
30 XUÑORUTA DO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL
15 SETEMBRORUTA DAS ALMIÑAS E DO FOXO DO LOBO
20 OUTUBRORUTA DO RÍO XABRIÑA (COVELO)
17 NOVEMBROTRILHO DE MOSTEIRÓ (VALENÇA)

No hay comentarios: