23 ene 2012

Alumnado do IES A Sangriña asistirá á CONFINT en Vitoria-Gasteiz.


Marisa Guerra / Santiago de Compostela

A Conferencia Internacional Infanto-Xuvenil para o Coidado do Planeta xunta voces e esforzos de mozas e mozos de todo o mundo para dar a coñecer as súas propostas para a sostibilidade. A primeira fase, que se desenvolve en Galicia, reuniu o pasado sábado, 14 de xaneiro, no Museo Pedagóxico, en Santiago de Compostela , a alumnado, pais, nais e profesorado de diversos centros educativos adscritos á Axenda 21 Escolar Galega. As persoas participantes participaron en diversos obradoiros e elaboraron e expuxeron as súas propostas de compromisos para a protección do planeta.
Desta xuntanza de Compostela saiu un grupo de 17 alumnas e alumnos que representarán a Galicia na Confint-España, que se celebrará os días 26 e 27 deste mes en Euskadi. Máis adiante dous representantes do alumnado galego asistirán á Confint-Europa, que terá lugar en Bruxelas do 14 ao 16 de maio. O proceso culminará coa Confint 2012 en Río de Janeiro, no Brasil, do 4 ao 6 de xuño, que se fará coincidir co Cumio da Terra Río+20. 
Dous destes  mozos e mozas representantes de Galicia son ÁNXELA VICENTE  e ALEJO CONDE, alumnos de 2º de  ESO do IES A Sangriña.

Alejo e Ánxela no MUPEGA
Alejo, e o seu pai  José María, e Ánxela e sua nai, Begoña
Ánxela e Alejo
Ánxela e Alejo
Ánxela, con estudantes doutros centros de Galiza, expón as conclusións da xuntanza.

No hay comentarios: