30 dic 2011

Cine no Centro Cultural da Guarda.

Hoxe no Centro Cultural volve o cine coa comedia “Bienvenidos al Norte”.
Concello da Guarda / A Guarda

Lugar: Salón de Actos do Centro Cultural
Fecha: 30 de Decembro de 2011
Hora: 21.00h.

Este venres remataremos o ano da man desta divertida comedia que nos conta a historia dun carteiro marselles ó que destinan, en contra da súa vontade, a Bergues, unha pequena vila na frontera con Bélxica.
Convencido de que é un lugar inhóspito, Philippe acode só ao seu destino, aínda que pronto se dá conta de que a xente é encantadora. Julie,non se cre que ao seu marido gústelle vivir alí, así que Philippe decide finxir que lle tratan mal para non decepcionala, e pide aos novos veciños e amigos que representen unha farsa e se comporten de forma que pareza que a vida nese pobo é verdadeiramente un pesadelo.
Estreada nas salas comerciais no 2008, esta película obtivo un enorme éxito de taquilla en Francia, ademáis de ser ata o día de hoxe a película francesa máis taquillera da historia en Bélxica.
Como ven sendo habitual, previamente a proxección das películas visionarase un corto, pertencente os catálogos de curtas do Consorcio Audiovisual de Galicia, intentando así abrir unha xanela ós novos creadores e divulgar a actividade cinematográfica menos coñecida.

No hay comentarios: