26 mar 2011

Fenoloxía.

Foto: Agustín Ferreira - ANABAM
ANDORIÑA COMÚN (Hirundo rustica) (+)
 DÍA 11, MARZO: Ás 18,30 horas, observadas nunha bodega de Fornelos (O Rosal) unha parella. Levan anos acudindo á mesma, onde teñen niño.
       UTM: X: 514.119         Y: 4.644.646
       OBSERVADOR: Luis.

ROMULEA CLUSIANA (+)
É unha das flores máis rechamantes que aparecen por ducias en moitos lugares, principalmente da costa. Inconfundible pola súa cor.

     DATA: 26-02-2011
     LUGAR: Piñeiral da praia de Camposancos e ao longo da costa sur da Guarda.
    OBSERVADORES: Agustín; Antonio.

CORVO MARIÑO REAL (Phalacrocorax carbo) EN PLUMAXE NUPCIAL (+)
Xa podemos ver a moitos deles coa súa plumaxe de verán, ou sexa nupcial, como o que aparece na fotografía á dereita. En pouco tempo, os exemplares reproductores abandonarán o esteiro do Miño. Aquí quedarán algúns non reproductores.

    DATA: Mediados de febreiro.
    LUGAR: Esteiro do Miño.
    OBSERVADORES: Agustín; Antonio.
Fonte: www.anabam.org

No hay comentarios: