5 feb 2011

Un Éider na desembocadura do Miño.

Foto: J Wasley.

O éider é unha desas aves que fae as delicias dos naturalistas e afeccionados á observación ornitolóxica pola rareza coa que se ve nestas latitudes.
Esta epecie, orixinaria das rexións árticas, podemos vela en contadas ocasións, por iso, a observación dun macho na mesma desembocadura do Miño, o pasado sábado día 22 deste mes de xaneiro, fixo as delicias de cantos tivemos ocasión de gozar da súa presenza. Un único exemplar que nadaba na compaña dalgunhas gaivotas que por alí nadaban tamén. (Foto obtida de internet, J Wasley).
O Éider achábase nas proximidades da Insua, entre as praias do Puntal (marxe galega) e Camarido (Marxe portuguesa), nun río cuxas augas estaban lixeiramente picadas. O socio Antonio Jiménez conseguiu inmortalizar a presenza desta ave aínda que fose na lexanía, pero aí queda o testimonio.
Foto: Antonio Jimenez.
 Fonte: www.anabam.org

No hay comentarios: