26 feb 2011

Posible urbanización da estrada de Camposancos.


Parece que anos de queixas empezan a dar os seus frutos. Parece que se empezan a decatar da pouca seguridade que hai se queres ir ata A Guarda andando. Así o redactan na páxina web do Concello da Guarda: (www.aguarda.es)


INICIADO O PROCESO PARA REDACTAR O PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA ESTRADA DE CAMPOSANCOS NO TREITO DA VEIGA.
As xestións levadas a cabo polo Alcalde, sempre de acordo co Presidente da Entidade, co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras veñen de dar os seus froitos. En carta recibida recentemente no Concello, o Conselleiro afirma: “ Tal e como acordamos na entrevista realizada no pasado mes de xuño, estase tramitando a redacción do proxecto de “Urbanización da PO-352, treito comprendido entre pk 5+200 ata o pk 6+000”, que permitirá continuar coa urbanización da estrada de Circunvalación ó monte Trega”. O treito en cuestión é o que vai dende A Cruz ata o Stop coa estrada do Pasaxe.
Na mesma carta afírmase tamén que está previsto que en datas próximas técnicos da Consellería se poñan en contacto co Concello, co obxecto de acadar a mellor solución posible e impulsar o desenvolvemento desta actuación. Efectivamente, xa se producíu dita visita e hai acordo nas liñas básicas do proxecto.

Esta obra, que foi solicitada repetidamente polo Alcalde e polo Presidente da Entidade, é de moita importancia para os moitos peóns que diariamente transitan por unha estrada que carece de arcéns. Téñase en conta que é a comunicación natural entre Camposancos e A Guarda, e aínda máis concretamente coa zona da Sangriña onde se atopa a zona escolar, a zona deportiva, o centro de saúde, o cemiterio, etc. polo que é unha zona moi concurrida.

Insistiremos diante da Consellería para que a axilice a redacción do proxecto, paso previo para que poida dotarse económicamente e licitarse e adjudicarse a obra, dada a necesidade da mesma.

É unha moi boa noticia, fundamentalmente para Camposancos, aínda que se perderan dous anos. Hai que recordar que co anterior goberno da Xunta xa se iniciaran as xestións e había acordo sobre como realizar dita urbanización.

                                             A Guarda, 25 de febreiro de 2011
                                             O Alcalde, José Manuel Domínguez Freitas.
 
 



No hay comentarios: