Foto: www.aguarda.es |
O Concello da Guarda recibe o distintivo de calidade do SICTED para a Oficina de Turismo e as praias de Area Grande e O Muíño.
O 15 de febreiro tivo lugar a entrega dos distintivos do SICTED 2011 aos
organismos e empresas da provincia. A concelleira de Turismo da Guarda,
Dna. Montserrat Magallanes, recolleu os diplomas na cidade de
Pontevedra.
O concello da Guarda comezou en 2009 a traballar na implantación do sistema de calidade “SICTED. Compromiso de Calidade Turística” que promove Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra. O SICTED ten como obxectivo involucrar aos axentes turísticos da provincia nun proxecto de mellora continua para acadar un destino de calidade.
En 2010 acadouse o distintivo para as praias de Area Grande e O Muíño.
No verán, visitantes e veciños do concello puideron gozar nestes dúas
praias duns servizos e atención de maior calidade. Exemplo disto foi
unha das iniciativas posta en marcha: os cinceiros ecolóxicos.
Durante o pasado ano traballouse na renovación do SICTED para as dúas praias e na implantación do distintivo na Oficina de Turismo. Os manuais de calidade e o traballo feito nas praias e na oficina de turismo foi auditado por persoal externo que emitiu un informe positivo para a concesión da distinción.
Fonte: www.aguarda.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario