18 feb 2011

Continúa o Abetouro no Esteiro.

Foto: WorldWildlifeImages.com


Membros de ANABAM volveron ter a magnífica ocasión de, máis que observar, rexistrar, a presenza do abetouro, no carrizal de Salcidos. Aconteceu o sábado 5 de febreiro, cando Luis Dorado e Antonio Jiménez se atopaban nesa zona. Foi, casi que nun abrir e pechar de ollos, cando voou diante deles esta ave tan escurridiza e difícil de ver. Unha especie da que existen moi poucos datos a nivel galego e que, unha vez máis, podemos dicir que estamos nunha zona privilexiada no estado español. 

No hay comentarios: